domingo, 13 de marzo de 2011

Segue o puteo....

Se hai non moito tempo falábamos de como están a putear ós labregos galegos e, en xeral, a todo o mundo rural, desta volta tocooulle, unha vez máis, a xente que vive do mar. E é que a merda da UE non lle fixo nada bo a España, sobre todo no tema da pesca, e se por riba, todalas subvencións que viñeron para Galicia usounas o señorito Fraga para o que lle petou....vaiche boa....
É por isto que, as cofradias, están ata os collóns de recortes, subas de combustible, reducción dos caladoiros e da flota pesqueira pero ningunha solución digna que lles permita levar unha vida decente e sacar as suas familias adiante e o único que lles queda, polo momento, é tentar que lles fagan caso, ben en Madrid, ben en Compostela, ainda que non cremos que lles dean máis que unha esmola pra telos contentos ou uns golpiños no lombo a modo de consolación.

É certo que a sobreexplotación dos recursos mariños é brutal e que habería que reconvertir boa parte do sector pero e que ós de enriba traellela frouxa todo isto e as solucións que propoñen algúns iluminados como é a creación de piscifactorias, co impacto que isto suporía, xa non só a nivel ecolóxico, senón tamén na alimentación e e que pra que medren máis axiña, a algunhas especies botánlles de todo e xa comemos merda a bondo todolos dias como para ter mais probabilidades de cáncer...

Está claro que se non se chega a unha solución axiña a cousa porase moi moi fea e o recrudecemento das protestas de esta xente será máis que lexítimo. Por iso, dende este pequeno espacio denunciamolo abandono dunha parte importantísima da poboación galega que tanto lle deu de comer ó resto de España e que fixo grande e importante a Galicia dende hay xa uns tres séculos.

Defender o pan e un futuro digno non tería que supoñer ningún problema, pero o respaldo social é nulo pois, TODA a sociedade galega prefire ve-la tele e sair de festa que defender os seus irmáns. Por non falar dos nacionalistas e separatistas, que pasan o dia facendo homenaxes e caralladas populistas mentres os galegos DE VERDADE, pásanas putas..... iso sí, facer fano todo "en galego" e bebendo Estrella Galicia, e con iso chégalles pra enchela boca e falar da defensa da terra...

¡¡POLA DEFENSA DA XENTE DO MAR!!

No hay comentarios: