jueves, 23 de junio de 2011

Muda todo e non muda nada

A xente da Coruña e algúns medios estanlle a facer o xogo o pp coruñés, máis que nada porque o psoe coruñés deu bastante noxo nos derradeiros anos a base de "pelotazos" como o do edificio "conde de fenosa" polo que incluso chegaron a  cambia-lo pxom pra poder legaliza-lo pelotazo de turno. Sí, é certo que o paseo, os museos, a torre e arredeores son a envexa do resto de Galicia, pero tamén o é que todo iso fíxose a base de amiguismos e nepotismos, e que se un sae da zona da costa e adentrase na cidade pode pensar que, en determinadas zonas, está nas aforas de Sevilla ou Málaga...por non falar de que moitos pensan que por ser unha cidade de arquitectos temos que soportar os abortos dalgúns iluminados.

Sen embargo, o pp amosouse como unha alternativa que non é, e pra dar unha imaxe de austeridade comezou cos recortes de turno, como fixo ó chegar a Xunta. Ainda que esta vez non se trate do "noite bus" e por iso, das vidas dos xoves galegos, senón  da planta de tratamento de residuos de Nostián, ou o que é o mesmo, da preservación da terra. A excusa é que non é rentable , que nunca o foi e que o anterior goberno deixou o concello cun "pufo" de millóns de euros, e claro.... a rentabilidade é o que prima, non que haxa que perder diñeiro por salva-lo entorno. O problema é que que cando sobra a pasta tirámola, pero cando falta pechamos o grifo e esa é a mentalidade que hai que cambiar.

Tamén foi gracioso que en Vigo, o psoe, presumira, vai uns días, de que haberá outros catro anos "sen pelotazos" ¿perdón?parece que olvidan o pxom, os recheos da ría, a zona de Navia ou a merda de subcontratas do plan E, nas que só se contratou a extranxeiros ou xente de fora de Galicia, ou que todos os constructores e empresas tiñan relación con xente do concello, pero claro, todo iso son "casualidades", como co pp de corina na anterior lexislatura....

Por non falar de Lugo, onde o pp ( a través do TSXG), anoxado por non poder gobernar, arremeteu, ainda que no fondo haxa razón, contra uns mamotretos (tamén feitos por certos amiguiños de certos políticos) ou en Pontevedra ca merda da humanización e os cristos das peonalizacións e do paseo fluvial, mentres ENCE segue a botar merda e a promover a plantación e proliferación de eucaliptos.

De Ourense xa nin falamos porque é a maior cacicada da historia e a escura man de Baltar move todo o cotarro, dende nepotismos a chanchulladas e cacicadas varias de todo tipo... e mentres uns botan as mans a cabeza dicindo "¡¡gañou a dereita, perdeu a esquerda!!" outros falan de cambio de recuperación económica e merdas polo estilo cando o único de que hai é o de sempre. Merda pros de abaixo, ouro e luxos pros de enriba. E no medio catro indignados que intentan cambiar a cousa mentres os ataca todo o mundo e os que non o fan intentan instrumentalizalos ou pasan deles preferindo o sofá ou a copa na discoteca.

Nós axudamos como podemos e con quen vemos que está co pobo e coa terra máis alá de intereses de calqueira tipo que non sexan  a revolución social e nacional.

No hay comentarios: