lunes, 12 de septiembre de 2011

¿Desprezo, prexuizos, moda?.....

Inquedande a seguinte imaxe que nos envía un seguidor:
Sobre as causas da preferencia ou dunha maioría de adopcións de nenos estranxeiros ven dada por distintos factores: por unha banda temos as dificultades que os organismos e institucións nacionais e autonómicas impoñen á hora de adoptar un neno español mentres que no caso dos de fóra a cousa e moito máis sinxela.
Logo temos o factor "progre" que non é máis que os giliprogres de sempre que, da mesma maneira que axudan antes a alguén de fóra, fan o mesmo nos casos de adopcións, marxinando xa non só os nenos españois en xeral, senón tamén os europeos pois, as suas preferencias, soen ser nenos chineses ou africanos pra fardar diante dos seus amiguiños e polo exotismo. Algúns fanno, iso sí,  tras ter nenos propios..... e como "é bonito", moderno e está de moda...pois que carallo.....

Está, tamén, o caso de quen, pola desesperacióon de ter un fillo o que darlle o seu amor ou o que sexa, non pode agardar polos prazos (larguísimos e compricados, todo hai que dicilo) que impón o estado para os nenos autóctonos.

Dende aquí non buscamos criticar a quen, de boa fe, pretende axudar ou salvar a nenos da miseria dos seus paises ou dunha morte segura, o que criticamos é a hipocrisía de quen, facendo iso, non é capaz de agardar ou de moverse pra que non haxa un trato inxusto cara os nosos nenos. Criticamos que, por moito que ssexan educados nas linguas e tradicións españolas, NUNCA poderán ter unha plena identidade europea, ó contrario dun neno doutra parte de Europa, da mesma maneira que os fillos de estranxeiros de TERCEIRA xeración en Francia, Alemaña ou Inglaterra non se sinten identificados co seu entorno nin coa sua historia porque é imposible.

Poñamos un exemplo: imaxinemos un neno europeo adoptado por chineses ou por nixeriáns. ¿Como se sentiría ó saber que non é africano? non dicimos que un por ser dunha ou doutra cor sexa mellor ou peor, pero sí é diferente e ainda que esas diferenzas non supoñan nada moral sí van crear unha serie de complexos ou de contradiccións na personalidade do rapaz o verse fóra do seu grupo orixinario, sabendo que os seus antergos nada tiveron que ver coa construcción da nación que habita nin que teña tan sequera, lazos culturais. Por non falar do dano que supon a nvel étnico.

¿Cómo evita o sistema que a xente reaccione ante isto, ante a defensa da súa identidade? pois moi sinxelo, a través da estandarización cultural, das modas, etc. Por iso non é extraño ver nenos de medio mundo vestir do mesmo xeito, escoitar e comer o mesmo. Desta maneira importa ben pouco o resto, xa que un só se preocupa de pertencer a tal ou cal tribo urbana. E tamén por iso é polo que no rural é onde se defende máis a identidade, porque o respeto por esta é maior.

Por iso, quen traizoa a súa identidade non só está a traizoar os seus e os que lle precederon, ¡estase a traizoar a sí mesmo! e convertíndose en  "carne de mercado" nun número máis no xogo do sistema.

¡POLA DEFENSA DA IDENTIDADE!
¡CONTRA A GLOBALIZACIÓN E A MULTICULTURALIDADE!

No hay comentarios: