Tamén é de botarse a chorar que os pepeiros xustifiquen recortes que, en moitos casos afectanlles a eles tamén por gardarlle a cara a estes LADRÓNS. Da mesma maneira que non se entende como ainda hai xente que segue a defender a monarquía.
É tempo dunha vez de sair a rúa, de espertar ó pobo e ensinarlle que SON TODOS IGUAIS, e que mentres eles falan de apreta-lo cinto, fano só pros de abaixo, nunca pra eles mesmos.
Ademais, ¿cómo pode ser tan bastardo un home que ten este diñeiro e non axudar con él mentres sabe que miles de galegos pásanas putas para chegar a finais de mes?
O triste é que siga a haber quen os defenda e pelexe por eles mentre os de enriba seguen a ser tan amiguiños e parasitan do pobo que din defender.
Cando antes llelo expliquemos a xente e lles poñamos este tipo de novas coma exemplo mellor, senón imos seguir nas mesmas.
Se ben é certo que nas derradeiras eleccións, de 35 millóns de españois (algún millón de estranxeiros....) que puideron votar, houbo ¡¡unha abstención do 32%!! por non falar do voto nulo...., cifras que non interesa mostrar e que deberían ser maiores.
Esa xente FARTA, que ESPERTOU ou que, sinxelamente, está ata os mesmísimos, é a xente que nos interesa. Xente que dixo basta pero que non sabe moi ben qué pode facer para cambia-lo sistema pois sen o pobo non haberá unha verdadeira revolución , e o que non nos interesa é a xente que muda de opinión segundo lle vaia a vida, eses millóns que pasaron de votar dun lado a outro coma se nada.
Por iso, porque ninguén nace aprendido nin sendo un valente ou un revolucionario, temos que ensinar a xente a combatir ó sistema, a desmontalo e non reformalo. Amosarlles que os pequenos actos, os cotidiáns, poden ser os máis revolucionarios e que non fai falla máis ca un eslavón da cadea que rompa pra que todo se veña a baixo.
Os galegos non poden seguir tolerando que se lles recorten os seus dereitos e que, o mesmo tempo, exista unha CASTA parasitaria coma esta, da que o "señor" Feijoo é só un exemplo. Se tan grande é a crise e esta xente ten outros empregos ¿ a qué agardan para renunciar os seus soldos e privilexios? ¿por qué non comezan os recortes por eles mesmos? ¿a qué agarda o pobo pra sair as rúas?¿tan pouco lles importa o seu futuro?
E mentres, os de sempre a chorar, a chorar porque varios dos seus amiguiños van ir pro cárcere por POÑER BOMBAS, ou por estar vencellados con este tipo de actos....
O pobo ten que comprender dunha vez que ESTÁ SÓ, e que SENÓN SE MOVE, NINGUÉN O VAI FACER POR ÉL.
¡GALICIA ESPERTA!
¡ESPAÑA ESPERTA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario