domingo, 1 de abril de 2012

¿E de qué nos extrañamos?

Isto é o que ocorre cando aforramos e recurtamos no que non debemos e descoidamos o máis básico.
É agora cando chegan os choros os "por qué" e os arrepentimentos cara o público pero sen solucións reais...total.. sempre se pode botar man da UME ¿non?

Xa o avisaramos vai tempo e non é o primeiro incendio nas derradeiras semanas así que con máis razón hai que esixir responsabilidades porque SÁBESE os INTERESES que hai en desfacerse destas paraxes pra montar unha mina de ANDALUCITA, o mesmo que os intereses en recalificar e construir tras queimar montes en Ourense ou Pontevedra.

Pouco máis hai que dicir excepto que XAMAIS ocorrerá isto preto da casa dun concelleiro ou dalguén polo estilo, e xa estamos fartos de que saian ca excusa dos pirómanos porque no entendemos qué ocorre ¿Galicia está chea de tolos "queimamontes"? e os que hai ¿por qué non os vixían máis ou péchanos na cadea ou onde sexa?
¿Para iso é para o que queremos máis competencias, para que ardan os montes e non haxa servicios mínimos de bombeiros, reténs ou o que sexa?

http://www.rtve.es/noticias/20120331/declarado-incendio-fragas-do-eume-joya-ecologica-galicia/512437.shtml

No hay comentarios: