jueves, 17 de mayo de 2012

¡Feliz día das letras galegas!

Por mor do día das letras galegas deixámosvos un para reflexionar:

Este vaise y aquél vaise,
e todos,todos se van;
Galicia,sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés,en cambio,orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.


Rosalía de Castro.

Estes versos, en sintonía coa época, na que os homes tiñan que emigrar pra buscarse a vida fóra da súa terra.Hoxe, coma entón, os gobernos obrigannos a deixar as nosas casas, a traballar lonxe do fogar, aínda que isto ocorra a nivel nacional e non tanto rexional como foi a tónica galega durante séculos.

Sen embargo, a dinámica galega actual mudou, xa non emigramos para levantar nacións prósperas como a Arxentina, Alemaña, Suíza ou outrras partes de España como Madrid ou Barcelona, senon que hoxe somos nós os que recibimos o influxo do mundialismo e así o podedes ver en calquera rúa galega, con todo o que iso conleva para a identidade de Galicia e, por tanto, de España. E mentres, os de sempre, seguen a falar do "perigo" do españolismo para a nosa lingua e para Galicia sen darse de conta que eles mesmos, defendendo a mestizaxe do tipo que sexa, están a destruir a súa identidade.

Na outra banda están aqueles que se avergoñan de todo o que é a súa terra por medo a asemellarse os separatistas, nunha concepción xacobina de España, cando hai patriotas galegofalantes que se moven moito máis que moito castelánfalante e saben diferenciar o amor pola terra de  estupideces pois avergoñarse de ser galego, catalán , castelán ou o que sexa é facelo de ser español, pois España non é só Castela nin o castelán.

Por iso, porque defendendo o galego e as tradicións e identidade galegas deffendemos unha España máis forte e auténtica...
¡Feliz día das letras galegas!

No hay comentarios: