domingo, 13 de febrero de 2011

¿Onde están os sindicatos?

Preto de 200 traballadores do grupo Cuíña manifestáronse o pasado xoves 10 de febreiro dende a sede da empresa nas Pontes de García Rodríguez ata a Praza Roxa da localidade para esixir o cobro das débedas salariais.

A compañía, integrada por cinco empresas e ligada ao transporte de materiais para a construcción, está en concurso de acredores e ten contraído débedas cos seus traballadores que superan os dous millóns de euros.

O grupo solicitou o concurso voluntario de acredores o pasado mes de novembro, cando debía as mensualidades de xuño, xullo, agosto septembro e catro pagas extraordinarias acumuladas dende o ano 2007.

A día de hoxe, a empresa tamén adebeda a mensualidade de xaneiro, e as débedas superan a cobertura do FOGASA.

No caso dos 88 traballadores despedidos dende a entrada en concurso, a situación agrávase porque aínda non se lle pagou o salario de decembro.

O resto dos traballadores de Cuíña, preto de 160, están nun ERE temporal que contou co beneplácito dun comité de empresa constituido por representantes da CIG, CCOO e UGT, do que o presidente é da CIG e o secreatario de CCOO. Regulación de emprego que levará aos traballadores a un máximo de catro meses ao paro, tempo no que percibirán un 85% do salario. E que reflicte que tanto a CIG, como CCOO e UGT viran as costas para os intereses dos traballadores.

Seceretaría de Comunicación da delegación galega do MSR

No hay comentarios: