jueves, 6 de octubre de 2011

¡Por un ensino público, gratuíto e de calidade!

Deixámosvos a derradeira campaña do MSR pola defensa do ensino público e agoardamos máis activismo coma este:

MSR-Galicia/O Movimiento Social Republicano de Galicia denuncia:
-A xeneralización das aulas de 60 minutos, buscando reducir o número de profesores necesarios para impartir un curso.
-A redución dos subsidios á Fundación Preescolar na Casa, que levou a presentar un ERE que provoca que 20 traballadores teñan o seu contrato de traballo suspendido, outros 18 teñan unha redución de media xornada e tan só 3 continúen a xornada completa. Que supón a morte deste programa que oferta servizos ás familias con menos recursos.
-As medidas que están a prexudicar a calidade da educación pública e as condicións laborais dos profesores: o incremento do horario lectivo, a obriga de realizar tarefas que non lles corresponden, a eliminación de 1.200 postos de traballo e o peche de escolas.
-O recorte no orzamento da educación pública de 8,7 millóns de euros, mentres que fortalcen a ensinanza privada e concertada creando novos centros ou asignando 220.000 euros para os centros concertados que imparten educación especial.
-A supresión do dereito á xubilización anticipada.
-A reducción salarial do 7%.
-A masificación das aulas e a imposibilidade dunha atención individualizada por mor do incremento dos alunos e o descenso dos profesores.

Ao mesmo tempo, queremos mostrar a nosa máis sincera solidariedade cos profesores.


¡¡DIGNIFIQUEMOS AO COLECTIVO DE PROFESORES PARA NON HIPOTECAR O FUTURO DOS NOSOS FILLOS!!
¡¡PROFESORES, ALUNOS E PAIS XUNTOS POR UNHA ENSINANZA PÚBLICA E DE CALIDADE!!
¡¡JESUS VÁZQUEZ ABAD DIMISIÓN!!
Secretaría de Comunicación do MSR-Galicia

No hay comentarios: