martes, 7 de febrero de 2012

Máis de 1700 médicos ó carallo....

Lendo novas coma esta (facer clic aquí) din moito do que nos agarda. ¿A conto de qué ven isto? pois trátase doutra manobra de virar cara a privatización da sanidade pública e de aforrar cartos xa que, os médicos veteráns cobran máis por antiguidade, trienios e demais pero moitos, como os ciruxiáns, son tamén moito máis expertos, polo que o aforro dos de enriba sairanos caro, coma sempre, os de embaixo.
O "gracioso" si e que o hai, é que eles, á hora da verdade, esixen a atención destes veteráns, xa sexa na privada ou na pública.

Pola contra, eles ratarán de vendernolo coma algo positivo: cambio xeracional, aforro, xóvenes traballando, etc pero ese tipo de cousas creannos certas dúbidas como: ¿aforrar cartos para qué ou para quén? pois recortan de tódolos lados pero o que aforran ¿onde o meten? ¿por qué non o reinvirten no público que é onde fai falta?
As respostas son máis que obvias, por iso non entendemos os cidadáns (que non son poucos) que defenden cousas como o copago e xustifican estes recortes sen pertencer a clases altas ou ter intereses ¿qué clase de tolemia lles deu os galegos e españois en xeral?

Sarna con gusto non pica....e o que non defendamos hoxe, mañá estará perdido.

No hay comentarios: