miércoles, 24 de agosto de 2011

Sen loita non hai nada

          
É, cando menos, inquedante escoitar a xente dunha cidade coma é Vigo dicir que todo vai ben, que non hai problemas e que a cidade, gracias a humanización, está máis bonita que nunca e que son poucos os vigueses que vivan a crise.... ¡MANDA CARALLO! ou esta xente está cega ou é que prefiren torce-lo xesto cara outra banda e non mirar a miseria de tantos vigueses porque é a ostia que o 11% da poboación viva ou ronde vivir na pobreza e que a xente lla sude. Por non falar de todos eses merdáns que falan ser de esquerdas e que so se adican a organizar torneos de futbol pra quedaren bébedos e saca-las bandiras coa estreliña...

Sen embargo, e pese a que sexa a máis grave a situación da cidade olívica, tamén temos no resto de Galicia unhas cifras moi preocupantes coma as de Ferrol, A Coruña, Ourense, etc... e é que a crise esta a crear unha polaridade moi semellante á que, vai anos, creou o fenómeno dos "homeless" (sen teito) nos Estados Unidos e que polarizou a sociedade en moi ricos e moi pobres, deixando unha mínima clase media, unha gran masa de pobreza e un pequeno grupo de ricos.

A cousa pinta moi mal, xa non pola inexistencia dun pobo que loite e prefira estar a durmir o soño edonista do materialismo absurdo se non porque a casta politica quere imitar o modelo liberal americano e privatizar TODO, incluído o ensino. Isto xa está a ocorrer en Ctaluña, cos recortes en sanidade e é que o que queren e obrigarnos a ter que pagar por todo, a someternos, aínda máis, a dictadura do capital.

A solución é ben sinxela, loitar como sexa e non votar a quen non defenda unha alternativa SOCIAL e NACIONAL, pero iso tal vez sexa pedir moito xa que ninguén ten o sentidiño de lerse un programa político, o que sexa, e votar en consecuencia.
Logo virán as bagoas e non son poucos os mamalóns os que escoitamos que o pp vai mudar as cousas.... así que estamos na de sempre, ou gañan uns ou gañan outros mentres o pobo segue a perder.

E logo veñen co conto de que ¡¡AÍNDA necesitamos máis estranxeiros!! ¿para qué? ou mellor dito, ¿para beneficio de quén? aínda que non só é culpa dos de fóra que haxa tanto galego  na rúa ou en proceso de ir... senón tamén de todos aqueles que, no lugar de loitar, están a facer o parvo no bar, daqueles que se pluriempregan, dos que compran productos feitos fóra de Europa ou nas grandes superficies, dos cabróns que prefieren contratar estranxeiros e non autóctonos porque lles sae mellor, dos que se aproveitan das axudas que non precisan e llas quitan os demais, dos que se aproveitan do estado pensando que só o foden a él e non os demais, xa que o estado vaillo cobrar a outros pra non quedar él sen tallada.

 Por iso temos que pensar as cousas ben antes de facelas, ver a quen podemos foder e tentar non ser egoístas e cambiar o sistema de enriba a abaixo dunha vez, porque a solución non está nas urnas, ¡senón nas rúas!

Deixamosvos a nova aquí.

No hay comentarios: