jueves, 26 de enero de 2012

¡NON a incineradora eN O Irixo!

Se xa non abondaba coa merde de ENCE, agora tocoulle ó concello de O Irixo ter que facer fronte a construcción dunha incineradora de residuos que é totalmente desproporcional pois nin é a zona que o precisa nin se entende como non se fixo un estudio axeitado pois suporá o que todos sabemos: contaminación e consecuencias derivadas disto, como o que ocorre con poboacións achegadas a centros semellantes, ou a centrais nucleares, refinerias, e demais.

Ademais, o pobo está en contra disto ¿quen son os políticos pra impoñer algo que nin quere o pobo e que non lles vai traer nada bo? ¿sairannos ca de sempre da creación de empregos? porque se nos pomos nesa tampouco levarían razón pois é unha comarca agrícola, e os danos ecolóxicos están constatados noutros lugares da xeografía española.

Por iso, dende Galicia No Conforme, animamos a poboación a que siga o exemplo da xente do Irixo e sexan solidarios con eles, pois a ninguén lle gustaría estar na súa pel e porque é o xusto, o que hay que facer.

¡Á rúa que xa é hora....!

Pra máis información visitade as seguintes ligazóns:
Artigo-I
Artigo-II
Artigo-III

No hay comentarios: