sábado, 14 de enero de 2012

Unha verdade a medias...

Semella  que tralas continuas queixas e denuncias da destrucción da costa, o goberno coruñés tomou conciencia, pero a verdade é que trátase tan só dunha maneira de calma-los ánimos, de facer ver á xente que sí lles preovupa o entorno mais tanto a cifra como as zonas, pois tras facer crimes coma os da seguinte imaxe claro que non precisan destrozar máis a costa, ou non polo momento.

Xa non falamos do crime ecolóxico do Morrazo ou do de Cabo Estai no que, a propia xente, por putos cartos vai fomentar que a súa terra sexa o comezo ou o remte doutro Portonovo, Vilagarcía ou Praia América...

Por iso, cando dende enriba falan de protección temos que botar a tremer xa que quere dicir que: ou que o dano vai ser de máis do dobre, que esteamos en eleccións ou preto delas, ou que tentan calmar a xente pra evitar que collan conciencia social.

No hay comentarios: