lunes, 2 de enero de 2012

Traidores

Unha cousa é que un empresario mire polo seu, que busque acadar certo beneficio e outra moi distinta é que colla e aproveite as condicións laborais tercermundistas doutros países pra deslocaliza-la industria local e valerse de man de obra explotada por catro cans.

Non teriamos nada que dicir se fose unha empresa extranxeira coma Citroën, pero tratándose dunha empresa galega....¿como pode ser posible que, coa que está a caer fagan iso? é certo que non está mal crear empregos noutros lugares pero sí está mal que se podes crear uns poucos na tua terra prefiras o diñeiro a certa solidariedade cos que che axudaron a facer fortuna. Ademais, eses postos no extranxeiro serán baixo condicións moi pouco "humanitarias" pra esas xentes pois, non só cobrarán menos polo seu nivel de vida, senón tamén pola necesidade de traballo neses paises, e traballando en condicións que no noso "mundo" serían de cárcere, alomenos sobre o papel...

No mesmo sentido están a facer outras coma "unísono" que, o tratarse dunha teleoperadora, está a facer coma telefónica e demais empresas, deslocalizar e levar o traballo a paises suramericans, e non pola crise. é ¡por usura! por gañar, gañar e gañar máis de cada vez, na busca dunha marxe de beneficios sempre superior a do ano anterior e non polo ben dos traballadores.

Agardamos que o pouco decente da casta sindical teña os collóns a sair á rúa e non faga como no caso de Citroën que xa deslocalizou postos pra Portugal e calaron ou, alomenos, non levantaron a voz máis alá do paripé de sempre (quen traballe na Citroën saberá do que estamos a falar).

Agardanlle uns anos moi negros a cidade de Vigo mentres a xente adíquese a botarlle as culpas a Madrid, Pontevedra ou  ACoruña.

No hay comentarios: