lunes, 25 de julio de 2011

¿E quen o dudaba?


Na España do século xxi aparece afianzouse unha casta máis xunto a dos banqueiros e políticos, a dos funcionarios, se ben é certo que hai xente moi currante tamén o é que o de funcionario é un choio seguro. Por iso denunciamos a total impunidade deste e doutros fraudes como o do acceso á policía municipal viguesa, dito por familiares de varios axentes. E é que as probas iniciais pasaas calquera mentres que o seguinte nivel é totalmente arbitrario e sen ningunha medida que garanta unha elección xusta e imparcial.

Isto explica cousas coma as de Coslada, se ben é certo que non todos os municipais acceden desta forma e que moitos fan ben o seu traballo, pero mentres o panorama estea así, parécenos totalmente inxusto que  haxa xente deixándose os miolos e o diñeiro en pasantías pra que os amigos dun de dentro ascendan ou entren e teñan acceso ó que non lles corresponde.

E tan culpables son os que o facilitan como os que o aceptan porque quen é capaz diso ¿que non fará no futuro? e tanto nos ten isto coma chanchullos cas citas na seguridade social ou o que sexa porque no fondo trátase da mesma merda.
E se temos un sistema de merda é porque preferimos aproveitarnos del que mudalo. Iso sí, cando o sistema fai das súas chegan as bagoas....

No hay comentarios: