sábado, 25 de julio de 2009

25 DE XULLO DÍA DE GALICIA


Outro 25 de Xullo e como ano tras ano non temos nada que celebrar e sí moito que denunciar. Outro 25 de Xullo volve a ter vixencia o berro de GALICIA NON CONFORME, non conforme cos 200.240 desempregados, non conforme co aniquilamento do sector lácteo, non conforme coa destrucción do noso entorno natural, non conforme coa legalización do asasinanto por medio do aborto, non conforme coas desigualdades sociais, non conforme coa exclusión social dun número cada maior de galegos, non conforme coa destrucción da familia, non conforme coa destrucción da nosa cultura e identidade que ocasiona a inmigración e non conforme coa sociedade materialista, egoísta e individualista na que estamos inmersos.

Esta é a Galicia á que nos levou o Capitalismo e o Independentismo. Tanto Independentismo como Capitalismo son as dúas caras dunha mesma moeda. Son as dúas caras da desigüaldade, da insolidaridade, da maximización da riqueza por uns poucos e a maximización da pobreza pola maioría, da destrucción das culturas.

Mentres nós, o POVO GALEGO sufrimos esta situación, eles se van de festa por ahí, a celebrar noso sufrimento.

OS INIMIGOS DE GALICIA TEÑEN NOME: CAPITALISTAS E INDEPENDENTISTAS!!

SÉ LIVRE, REBELATE E RACHA AS SÚAS CADEAS!!

NON DEIXES MORRE-LA TUA TERRA!!

No hay comentarios: