lunes, 20 de diciembre de 2010

Batucadas, progresía e identidade

Se un viaxa á China, á India, ó Congo, etc verá que cando fagan unha inauguración do que sexa (zonas verdes, hospitais ou aeroportos) o máis seguro e que haxa algo tradicional da cidade ou do pais ou da cultura a que pertence.
Ata aquí todo ben, e seguro que a ninguén lle parecería raro que a banda da cidade ou o que fose, estivese presente pra ameniza-la escena.

¿Qué ocorreu, pola contra, na cidade de Vigo fai uns dias? Pois o de sempre, o que comeza a ser cotián nas rúas galegas nos derradeiros anos, e é que mentres o alcalde da cidade facía a foto de turno na "inauguración" dunha rúa, a música de fondo non foi unha pandereitada, unha gaiteirada ou miudiño miudiño, non, senón UNHA BATUCADA señores.

É dicir, música brasileira nas rúas viguesas, música tocada por un grupo de música que se supón é galego e non brasileiro. ¿A conto de qué ven isto? ¿Querennos meter pola forza a multiculturalidade? ¿Trátase dun aceno cara algunha minoría ou grupo adiñeirado? Porque logo tería collóns que viñeran co conto de que defenden a cultura galega ou caralladas polo estilo.

Semella que temos un futuro mooooi negro xa que, se era nos pobos ou nas vilas onde sempre era máis forte o sentimento de identidade tanto a nivel de lingua como de tradicións ou cousas polo estilo, a cousa está a cambiar a pasos axigantados. E podedes comprobalo vos mesmos se ides a calquera festa, famosa ou non, e de calquera zona. Nelas o normal é atoparse con orquestras pachangueiras que o único galego que "tocan" (ou amagan que tocan) é "Dolores se llamaba lola".

Iso sí, o que non cambia moito é a gastronomía anque sí quén che atende, puidendo toparvos con marroquíes, negros ou suramericáns vendendo chourizos, empanada, filloas, etc...

Só nos queda unha opción, ¡¡a loita!! porque os supostos defensores das nosas raíces son os que máis parecen atacar e fomentar a súa desaparición. Pero é o que ten ser internacionalista ¿ou non?

No hay comentarios: