sábado, 25 de diciembre de 2010

Nos fuerzan hacia lo privado

¡¡INDIGNADOS!! É como nos sentimos cando vemos como os recortes que sofre o pobo galego continuan o seu curso, afectando a servizos que considerábamos que serían axenos a uns recortes, cada vez máis salvaxes e perxudiciais para os galegos. Agora é a quenda do servizo de ambulancia de urxencia e asistencia. A revisión do decreto que regula o transporte sanitario obvia na súa redacción o compromiso do Servizo Galego de Saúde de financiar este servizo, abrindo a posibilidade de que sexa de pago, ao eliminar a garantía de servizo gratuíto. O decreto de 1998 especificaba que “o financiamento será por conta Servizo Galego de Saúde, agás haxa un terceiro obrigado a pagar”, como no caso dos seguros privados.

O recorte na prestación do servizo provocará que se deixen de facer traslados de carácter non urxente: ingresos e altas hospitalarias, transporte para rehabilitación, diálise ou quimioterapia, entre outros.

Ademáis eliminarase a figura do asistente de ambulancias, cando por outro lado, se aumenta o gasto unha nova etiquetaxe. O recorte tamén comprometerá o servizo de noite nalgunhas zonas rurais.

A delegación galega do Movimiento Social Republicano denuncia os recortes xeneralizados nos servizos básicos que padecemos os galegos, que afectan especialmente ás personas máis necesitadas e máis desfavorecidas, coa finalidade de facernos culpables dunha crise económica da que non somos responsables.

Secretaría de Comunicación da delegación galega do MSR

No hay comentarios: