sábado, 2 de octubre de 2010

A pataca quente

Nos derradeiros dias escoitei e lin duas cousas moi preocupantes. A primeira foi o recorte dos orzamentos para a nosa comunidade e como era de esperar aquí ninguén ten a culpa. Uns din que é un "castigo" do goberno pola farsa xeral do outro dia e as repercusións na cidade de Vigo, algo dubidoso polo que nos contou un colaborador do blog. Outros din que é porque é o pp quen goberna en Galicia, que podería ser ainda que mais ben trátase de que non temos unha forza política que se preocupe de verdade pola nosa rexión. Desenganádevos, nin pp$oe nin bng nin ostias. ¿Ou credes que alguen deixaría que lle puteasen a él e maila sua xente?

¿A resposta dos pepeiros? o de sempre: "que se somos uns parias que se isto que si o outro" cando a realidade é que cando estiveron estes pailáns no poder preocupáronse so de facer merdas e de tira-lo diñeiro e subvencións que deronnos en lugr de empregalo en i+d ou cousas semellantes coma defender os nosos gandeiros.

Ainda por riba o señorito Feijoo ten os collóns de dicir que o goberno central débelle diñeiro a Galicia...¿está vostede de coña? ¿dende cando unha comunidade deficitaria como a nosa pode presumir diso cando de todo o que recaudamos non chega para suplir as nosas propias ecesidades senon que co que se recauda noutras rexións teñen que complementar os nosos presupostos así que non se tire da moto Feijoo e baixénse vostede e a oposición os seus soldos.Pero a solución será a de sempre, aumentar a presión fiscal os mais febles.

A segunda noticia foi a futura destrucción do litoral coruñés para facer un amplísimo porto comercial nas aforas da Coruña en vez de invertir noutros xa existentes. Neste caso, o afectado será o porto de Vigo, principalmente, xa que o da Coruña farase cunha parte importante do pouco presuposto que teremos este ano.
Non creo que os vigueses lles guste moito a idea ainda que os coruñeses poda suporlles un crecemento económico importante. O único que se consegue con cousas polo estilo e dividir a xente, enfrentala e marxinar a uns en favor doutros. Como o que ocorreu co diñeiro de Europa cando gobernou Fraga.

Non só isto senon que tamén se paralizarán as obras do Ave Oporto-Vigo e Ourense-Vigo.
Deixóvos os enlaces da mesma noticia vista dende a perspectiva coruñesa e dende a viguesa:

Noticia na "voz"

Noticia no "Atlántico"

Xulgade vos mesmos pero antes de sacar a relucir rivalidades estúpidas lembrade que os de arriba saben aquelo de: "divide e vencerás"....

No hay comentarios: