martes, 7 de junio de 2011

La campaña continua...

Facultades de la USC vuelven a ser escenario de las campañas contra la privatización de la universidad semi-pública gallegaa. Decimos semipública porque cada vez menos gente puede permitirse, por cuestiones económicas, acceder a la enseñanza superior:

"O estudantado galego organizado no Movimiento Social Republicano continua coa campaña de protesta contra a presenza de capital privado na USC.
Recentemente, aprobouse a nova lei de ciencia e tecnoloxía. Lei que, baixo a xustificación de evita-la fuxida de cerebros, busca suavizar a maior presenza de capital privado nas universidades que compense a falta de investimento público; pois non resolve, nen pretende, a diversidade metodolóxica, as diferenzas sustanciais na calidade do ensino, ou resolver a situación dos bolseiros.
Se ben introducese un contrato que regule as súas condicións laborais actuais dos bolseiros, ademáis dun sistema de bolsas e axudas aos estudantes e investigadores máis destacados. Dende o Movimiento Social Republicano denunciamos que eses contratos serán igual de perxudiciais que a situación actual de moitos bolseiros, coa diferenza de que agora perxudicarannos de forma legal.
Por outro lado, o sistema de bolsas non especifica os criterios que se empregarán para concesión das axudas económicas, que trae á luz a pantasma do amiguismo e da arbitrariedade nas universidades públicas, como en tempos da dictadura.
A isto hai que engadirlle que, como ocorre nas universidades privadas, o que pon o diñeiro é tamén quen decide que camiño toman as investigacións, ben pola propia rentabilidade, ben por cuestións ideolóxicas. Aínda cando non beneficie á universidade nen aos estudantes. Lucrándose, unha vez máis, o capital privado do traballo alleo, como ocorre noutras universidades que firmaron convenios con empresas privadas. Todo baixo a justificación dunha procura dunha saída laboral máis sinxela e directa, cando en realidade é un aproveitamento do noso esforzo e das nosas ideas a prezo de custe.
Esta lei, máis o plano de Boloña constitúen un paso máis cara a privatización do ensino superior: someténdoo a valores e principios materiais e pechando as portas a quenes teñan menos medios económicos a su disposición."
Secretaría de Comunicación do MSR-Galicia

No hay comentarios: