domingo, 19 de junio de 2011

Identidade

Como é o noso costume, imos deixar pensativos a todos eses que van de progres, esquerdosos, separatistas, etc. E é que toda esa xente, cando ve que no tema social, da natureza e demais, somos un exemplo a seguir e  que non teñen por onde atacarnos, pois predicamos co exemplo, só teñen un derradeiro camiño, o da identidade.

Non imos explicar agora, o que é de todos coñecido, como o tema da: globalización, estandarización, mestizaxe etnno-cultural, etc, xa que non hai máis que sair á rúa e fixarse na xente e nos seus costumes. O que queremos deixarlle claro dunha vez a todos os que, inxenua ou descaradamente chamannos "racistas", "xenófobos", "supremacistas" ou cousas polo estilo que os que ATACADES a liberdade dos pobos ¡sodes vos!, os que FOMENTAN os éxodos masivos ¡sodes vos!, os que PERMITEN e MANTEÑEN a precariedade laboral e a escravitude no terceiro mundo ¡sodes vos! porque sodes vos quen renegades do seu solo, da sua cultura e dos seus costumes en pos dunha sociedade multi ou intercultural, pensando que as culturas son todas igualitarias, solidarias, respetuosas as unhas cas outras e que a convivencia será coma no paraíso. Pensades que cada un vai respetar o do seu carón, que todos conservarán as suas tradicións e que non haberá mestizaxe cultural (xa nin digamos racial). E é curioso que vos mesmos vos queixedes logo de que no voso barrio hai moitos "sudacas" , pelexas, drogas ou o que sexa ou, incluso algún, de que xa non hai galegos de sangue.

Credes que calquera que fale galego, que viva en Galicia ou que toque a gaita é galego ainda que sexan chineses, africanos ou ingleses. Credes que lle estades a facer ben a todo ó mundo por defender a libre circulación de persoas, e polo voso relativismo cultural cando o que estades a conseguir non é máis que a destrucción e estandarización de todo-los pobos e identidades do mundo e da famosa homoxeneización racial que os cientificos denominaron "the gray race " facendo que en calquera parte do planeta todos podamos "gozar" das mesmas comidas, da mesma maneira de veestir ou da mesma música que escoitar.

Por non falar de mercar nos "chinos" ou productos chineses, traizoando e afogando o comercio local mentres fomentades escravitude e destrucción do medio ambiente en Asia, ou de comer en "restaurantes" das grandes cadenas americanas. Iso sí, todos moi solidarios mercando postais unicef cada nadal.
Ainda que tamén hai moito autodenominado "patriota" que merca productos de fóra e durme tan tranquilo, pero alá cada quen.

Se de verdade queredes defender a identidade e a liberdade dos pobos e das razas comenzade por non seguirlle o discurso as multinacionais e os gobernos fomentando a man de obra barata. Boicoteade as marcas, productos e modos de vida que non sexan os vosos e que destrúen todo o que non sexa coma eles.
Defendede o voso ou calade dunha puta vez e deixade os que sí cremos e apreciamos a nosa identidade.

No hay comentarios: