lunes, 18 de abril de 2011

La justicia no es ciega... ¡¡ES UNA PUTA!!

O "pelotazo" á galega está a ser moi recurrente nas novas dos xornais nas últimas semanas e meses. E se fai tempo avisabamos sobre a que lle vai caer a costa coruñesa ou a que xa lle caeu á ría de Arousa., tócalle o turno desta volta a cidade de Vigo. E é que, recheos da ría a parte, o desta cidade xa é moito. Debe ser unha das cidades galegas con mais edificios ilegais, ou polo menos que se saiba, pero como todos, ou case todos, son de xente con diñeiro ou cuns contactos especiais ¡¡non se tiran nin "pa" Dios!! aínda que haxa sentenzas do Tribunal Supremo (tanto da nación coma do autonómico).

Iso sí, vai uns días enterabamonos de que hai vivendas que van ser derrubadas ou outras que fai anos tiveron que parar REFORMAS de merda por non ter este ou aquel papel.  Pero o mellor ven agora e é que complexos como: centro comercial G.Vía, unha urbanización no monte Castrelos, as torres de García Barbón (centro financieiro da cidade) e uns cantos máis, non han ser derrubados senón que, por riba, poden ter a opción de legalizarse dentro do PXOM do carallo (do que xa falamos hai un tempo). Ou o que é dicir: vanllela meter dobrada os propietarios de inmobles cuxo único delito é ser as víctimas da especulación salvaxe de TODO-LOS políticos (pp-p$oe-bng) vigueses pra facer máis edificios de merda (coa que está a caer) dos que só a uns cantos vailles corresponder vivendas de protección (está claro que os áticos e os pisos bós van pros amigos...) ou indemnizacións ¡¡de merda!!

Pois ben, con todo isto e tras encher unha das poucas zonas verdes de Vigo de cemento e vidro, van incluir nese plan xeral todos eses edificios ilegais de ricachóns pra que xa non o sexan.
Pero o peor de todo é a mentalidade da puta xente que debería solidarizarse cos seus veciños, ben por solidaridade, ben polo que poida vir no futuro. Pois non, as reaccións son dende: " a min dame igual", "iso vai crear empregos", "todalas cidades ou zonas importantes están urbanizadas, como a costa do sol". E quedan tan felices...

Xa sabedes, sexades de Vigo, de Pontevedra, Lugo, Coruña ou onde sexa, ¡¡COLABORADE!!se non cos veciños da noticia sí cos do voso barrio ou dos de calquera da vosa cidade, vila, etc.

No hay comentarios: