miércoles, 4 de mayo de 2011

"Mari-merda" city

O pobo segue a durmir mentres millóns de compatriotas non teñen un traballo ou son forzados a pasar ás filas da precariedade laboral se queren chegar a finais de mes. Pobo como o coruñés que xa ten motivos pra estarlle agradecido á partitocracia polo seu novo centro de idiotizamento e de aculturación pois ese tan  vitoreado macro-centrocomercial supón, por unha banda, a MORTE PROGRESIVA do pequeno comercio coruñés en favor das franquicias e multiacionais estranxeiras; a aculturación e estandarización dos costumes e do ocio da sociedade brigantina en forma de caralladas varias coma: minigolf, pista de "kart", tendas de venda de roupa feita por man de obra esclava asiática ou merdas do estilo de "recórcholis".

Todo un logro do populismo polo que se refire a fardar de empregos xerados, de "avance", "progreso" e demais palabrería barata coa que encheu a boca o plutócrata de turno (neste caso Losada). Fálannos de 4000 empregos...vexamos ¿empregos indefinidos?... NON, ¿empregos a través de ett?.... SÍ, e por riba todo alleo a identidade europea o extender, aínda máis, cousas coma o AWOL ou os mesmos gusto, costumes e demais entre toda a sociedade.
Non é que critiquemos o ocio, o que non podemos soportar e que a xente prefira meterse nunha merda de edificio cheo de materialismo e ferramentas para que a poboación só pense en mercar, ter máis e máis caro que o veciño ou e esqueza os problemas do $i$tema e non optar por alternativas culturais, deportivas ou de achegamento e presrvación do entorno.

Pero como o pobo é parvo e está sometido a cultura do materialismo está contento, contento porque ten o centro comercial máis grande de España e o terceiro de Europa e claro, "o tamaño importa" aínda que sexa para algo tan destructivo a longo prazo. Porque sí, outra das taras desta mentalidade é pensar só a curto prazo e non nas consecuencias polo que, o pan para hoxe convertirase en fame para o mañá.

Antes daba gusto ser a envexa da comunidade por ter unha das costas máis limpas e sen urbanizar, por alternativas culturais en forma de museos ou o que fose pero dende vai un tempo semella que o que importa é ver quen ten máis multinacionais, quen escaralla ou rechea máis o litoral, etc.

O triste é que mentres haxa ocio o pobo seguirá a durmir, seguirá perdendo a súa identidae e sudaralla todo se non facemos algo por evitalo.

¡¡CORUÑA DESPIERTA!!

1 comentario:

León Riente dijo...

La verdad que urbanísticamente están convirtiendo ciudades y extrarradios en eriales culturales, auténticos tributos a la mundialización comercial, en los que cualquier diferencia entre lo que ves en una ciudad norteamericana y lo que puedes ver en una ciudad española empieza a ser pura coincidencia.

Y la gente eso, traga y traga, traga con todo, y a gusto.