lunes, 30 de mayo de 2011

Galicia postelectoral

Como xa apuntabamos vai uns días, o panorama político mudou, ainda que non moito, en Galicia, de maneira que o gran vencedor, a nivel xeral, foi o pp en termos xerais, a nivel de votos xa que, por mor dos pactos nalgunhas vilas e cidades, non poderá gobernar, sen embargo foron quen de rematar coa hexemonía do psoe en cidades como Santiago ou Coruña, gañando tamén en Vigo e Lugo ainda que non poidan chegar a gobernar polo que xa dixemos. ¿Que quere dicir isto? pois que a xente é parva e cree que a solución pra sair da crise é confiar nas dereitas neoliberais (ou en quen así se fai chamar) porque fan posible "a milagre do emprego e a milagre económica en xeral" como moito vello (e non tan vello) que fala sempre do mesmo: " e que co pp no poder sempre houbo máis emprego" "co pp as cousas ian millor" e frases polo estilo.
Esta é a mentalidade que, tanto en Galica como no resto de España percorreu as urnas vai unha semana. A mesma mentalidade que está a gañar no resto de Europa e que están a aproveitar partidos populistas de toda pelaxe como pxc e os seus homólogos europeos.

O mellor é certo que os galegos somos moi nosos para algunhas cousas, moi pechados, moi conservadores ou moi parvos porque do que non parecen decatarse moitos é de que pp-psoe ¡¡son á mesma merda!! e as probas están ahí:
  • ambos apoian e fomentan a precariedade laborar
  • ambos manipulan ó pobo en beneficio propio ou do capital
  • ambos destruen a identidade plural española
  • ambos fomentan a endofobia e dan toda clase de vantaxes a estranxeiros non por solidaridade se non por ter un grupo fixo de votos, pola precariedade laboral e pola destrucción da identidade
etc, etc, etc.
E para os que non sexades de Galicia hay un par de partidos máis, o bng, que coñeceredes moitos e tega (terra galega) que non é máis que un nido de tránsfugas e mangantes pepeiros, e algún doutro sitio, que fixeron un partido para roubar a mans cheas e a cara descuberta, non porque non ofixeran xa no pp ou no psoe.
O bng leva anos en decadencia, perdendo votos cada ano por: aliarse co psoe, converterse nun partido nacionalista moderado e posibilista en moitos sentidos (cousa que non lle fai gracia os ratasunos galegos) e polas suas disensións internas (xa que é unha fronte de partidos que teñen, grosso modo, en común o nacionalismo). É dicir, o mesmo de sempre, se ben nos 70 tiña unha liña moito máis obreirista e radical gracias  a X.M. Beiras. Pero nos últimos anos, en Galicia todo é o mesmo ainda co cambio que houbo no goberno autonómico pois seguiron e seguen: os chanchullos en forma de subvencións os amigos; os pelotazos que, cada vez máis están a foder a paisaxe galega; a precariedade laboral; a especulación e privatización paulatina do ensino e da sanidade, etc....

Pero coma sempre, algún listo sempre sae con aquilo de: "e que non é o mesmo votar nas municipais que nas autonómicas ou nas xerais, nas municipais votas ó alcalde, á persoa e non ó partido".... ¡¡UNHA MERDA!! o candidato a alcalde pertence a un partido que non lle vai deixar facer o que lle pete, xa que a ese partido ten que rendir contas e NINGÚN  político ou alcalde fai nada ou case nada de balde pola súa cidade salvo rúas, humanizacións e obras públicas de populismo barato que só convencen os pailáns. Moi poucos defenden a súa cidade e se o fan é por querer ser elixidos de novo e poder mangar outros catro anos.

En definitiva, gañou o pp-soe e, coma sempre, perdeu o pobo, e oxalá os papaostias que cren no sistema leven unha boa o quedar sen traballo ou ter que traballar o dobre, en peores condicións e polo mesmo diñeiro.
É por isto que, en Galicia, agora mesmo, só unha opción política está nas rúas os 365 días do ano, co pobo e polo pobo, na defensa da lingua e das tradicións galegas. Só unha opción está a fomentar a familia nunha Galicia que pasou a ser deficitaria en poboación e destino de inmigración a gran escala, só unha opción é identitaria, social e patriota; só  unha opción está a representar e a loitar por todo o pobo, non por unha ou outra clase e esa opción é o MSR. E o que queira que se emocione co pp-soe ou bng que os que rirán ó final seremos nós unha vez máis.

1 comentario:

JR dijo...

Unha verdade coma un templo.O caso e que se falas ca xente ves que moitos pensan coma nos.
Pero porque carallo votna ao PPSOE?? porque e o que ven na television, e iso e o mas dificil de vencer, ti podes decir o que queiras, levar verdade e razon pero si a telemerda di outra cosa, sempre sera o q crean, porque e a television.

Nos necesitamos ser mais activos, mais directos, mais comprometidos, pero eso e dificil de compaxinar ca familia e o traballo, e mais cando somos poucos.

SI algun dia tiveramos una base de xente, con voluntad, y sacrificio,mudariamos o sistema.

Tamen penso, que cada vez o sistema e mais, tiranico, mais esclavista, e mais cedo que tarde caera polo seu propio peso.