
O deterioro das ensenadas de A Malata e A Gándara invadidas por vertidos de augas fecais e co seu sistema de correntes alterado por diques e outras estructuras, imposibilitarán a súa recuperación no futuro.
Segundo Victoriano Urgorri, Catedrático de Zooloxía Mariña da Universidade de Santiago, sinalou que unha vez que a ría esté íntegramente saneada tardará entre catro e cinco anos en recupararse, sen embargo zonas como as ensenadas de A Malata e A Gándara, non se poderán recuperar –únicamente para a vida anaeróbica-
Neses lugares os lodos orgánicos son tan abundantes que impiden o paso da auga e do osíxeno. Ocasionando que a única vida que poda crecer sexan as bacterías anaeróbicas –non necesitan osíxeno- que degradan moi lentamente a matería orgánica e producen gases, motivando ese olor a ovos podridos que inunda a ría.
Os lodos tóxicos son moi densos nas dúas ensenadas entre a ponte de As Pías e a desembocadura do Xuvia. Os mariscadores calculan que superan o metro e medio de altura nalgunhas zonas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario