jueves, 27 de agosto de 2009

VOLVEN AS MOBILIZACIÓNS DOS GANDEIROS




VOLVEN AS MOBILIZACIÓNS DOS GANDEIROS

Despois das fortes movilizacións durante meses realizadas polo sector gandeiro e da sinatura do “acordo de Madrid”, o sector gandeiro prepara novas mobilizacións entre o 1 e 7 de setembro.

Nun contexto na que o perigo do peche de explotacións está á orde do día, orixinado polo descenso do prezo do leite e do anuncio por parte das industrias de deixar de recolle-lo leite, cando dito acordo asinarase para evitar eso ¿ou tiña como finalidade o lavado de mans do Goberno de España e de Galicia, para sinalar á industria como única culpable? E mentres zonas rurais en perigo de desaparición e familias con problemas para subsistir.

Mentres o campo vive surmexido nunca situación de crise permanente, o vindeiro 7 de septembro celebrarase en Bruselas unha reunión dos ministros de agricultura da UE, sen embargo a ministra española, Elena Espinosa Mangana, estará en Santander inagurando un curso de verán ¿así é como pensa defender os intereses dos gandeiros? ¿non é eso deixadez de funcións? Todo eso apesares de que no mes de abril, o Parlamento instara ao Executivo a defender no seno da UE o impulso de normativas destinadas a mellora-la regulación do prezo de referencia do leite, de xeito que se teñan en conta factores coma os custos de producción. Entón ¿para que sirve o Parlamento?

¿Non son os políticos os que teñen que traballlar para os cidadáns? Parece que esa lección a saltaron os polítcos, xa que parecen pensar que son os cidadán quenes teñen que traballar para os políticos.

Na defensa do sector gandeiro entre o 1 e o 5 de septembro terá lugar en Santiago de Compostela unha concentración reivindicativa permanente nunca céntrica praza, e o 7 de septembro tendrá lugar unha mobilización en Santander para recordarlle á Ministra a situación na que se atopa o sector gandeiro.


NA DEFENSA DO SECTOR GANDEIRO!!

ELENA ESPINOSA MANGANA DIMISIÓN!!

EXPLOTACIÓNS PECHANDO. POLÍTICOS DE VERANEO!!

No hay comentarios: