lunes, 31 de agosto de 2009

PSOE, PP E BNG MESMA HIPOCRESÍA CON DISTINTO DISFRAZ





Cos cambios no Goberno Galego as disputas trasladaronse ao campo da educación infantil. Disputas vacias de contido, xa que o motor delas é a rendabilidade política. O debate non se centra en como conseguir recursos para apertura-los centros xa construidos, senon que sinatura asinará a sua apertura, eso se chegan a aperturarse.

Que non haxa diñeiro para aperturar centros xa rematados non importa, o que importa é a autoría da apertura deses centros.

Que rapaces se queden sen prazas nos centros de educación infantil non importa, o que importa é poñer a sinatura na apertura deses centros.

Que na sociedade exista unha demanda real non importa, o que importa son os intereses particulares dos que se chaman os nosos representantes que curiosamente non nos representan.

As novas xeracións non importan, importa infla-la conta corrente.

Estas son algunhas das prioridades dos políticos que nos queren e dín representar. En tódalas prioridades atopamos un conflicto de políticos-pobo, o que acaba convertindo os seus intereses na nosa pobreza.

Nesta semana os medios de comunicación informaronnos que seis centros de educación infantil a pesares de estar rematados non poideron inagurarse, gracias á excelente previsión do PSOE e do BNG que non presupostaron recursos para elo. A solución do PP, consiste en cambiar en dous centros as placas colocadas polo PSOE e o BNG na súa inauguración pola imaxe escollida por parte do PP para estos centros.

Como observamos mentres os bós previsores nos deixan sen recursos, o outro despilfarra o que non hai ¿qué prefires? Mándaos a casa.

No hay comentarios: