martes, 4 de agosto de 2009

NON AO ODIO LINGÜÍSTICO





Dende que tiveron lugar as eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia, os partidos políticos e os medios de comunicación, están inmersos nunha batalla por mor dunha enquisa realizada polo Goberno Galego sobre a lingua na que queren os pais que sexan ensinados os seus fillos.

Dende Galicia No Conforme, toda iniciativa encamiñada a facer participe á sociedade galega na construcción de Galicia, tan só podémola considerar como positiva.

O que xa non valoramos tan positivamente, é a utilización das nosas linguas, o galego e o español. Utilización cunha finalidade perversa, a confrontación política para obter uns rendementos políticos. A utilización partidista das nosas linguas consideramola inaceptable. Non o podemos aceptar porque só terá uns perdedores: os galegos e a nosa cultura.

Dende Galicia No Conforme recoñecemos e reivindicamos a nosa riqueza cultural, coas suas linguas e tradicións. E despreciamos todo intento de politiza-la nosa cultura. Despreciamos a esos partidos políticos e a ese independentismo que só ven a cultura como unha forma de obter rendementos políticos. Despreciamos esa fobia lingüística procedente de visisóns centralistas. E despreciamos ese independetismo que só se acorda da lingua para debuxar contradiccións inexistentes entre Galicia e España, contradicións que tan só poden ser fruto de paranoias propias de enfermos mentais necesitados de ser tratados.

Temos ben claro que tanto os partidos estatais como o independentismo, tan só provocan odio cara o galego. Polo tanto son os responsables da creación de novas xeración de odio. E iso vémolo con tristeza e preocupación, como galegos que somos.

¿Pódese server a un povo atentando contra a sua cultura? ¿Asasinando as suas línguas? ¿despreciando os seus costumes?

Non podemos esquecer o papel fundamentel que xoga o ensino na supervivencia das nosas linguas. Concebimos o ensino como un instrumento que garanta a transmisión da nosa cultura entre as futuras xeracións. Concepción que non pode ser cambiada nen por enquisas nen por simples guerras de números. Por certo, para todos os fanáticos da numeroloxía e das imposicións, a metade dos pais posicionaronse a favor dunha ensinanza nas dúas línguas.

Dende Galicia No Conforme chamamos a todos os galegos, a defender activamente a sua cultura. A asumir como propia a sua supervivencia, ignorando tópicos centralistas e independentistas.

Porque estamos orgullosos do que somos, demostremosllo.

Agora os asesinos de lenguas e culturas, podedes seguir xoganado cos vosos baile de cifras e loitando polas vosas subvencións. Ese é o voso interés lingüístico.


POR UNHA GALICIA BILINGÜE!!!

RACHA COS COMPLEXOS!!!

No hay comentarios: