jueves, 3 de septiembre de 2009

GRATUIDADE SOLIDARIA, UNHA MEDIDA SOCIAL OU ANTISOCIAL





O vindeiro curso o préstamo gratuito de libros para os escolares de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e de Educación Especial, sustituirase polo sistema de gratuidade solidaria.

Por desgracia nengún dos dous sistemas supón un avance na consecución dun ensino público.

Se ben é certo que no anterior sistema implatado polo PSOE e o BNG os libros escolares non tiñan según custo para os pais, tamén é certo que esta gratuidade non se acompañaba por unha titularidade dos libros xa que era unha simple cesión. Queríannos facer ver unha gratuidade dos libros, cando en realidade se trataba dunha cesión gratuita dos libros.

Por outro lado no sistema de gratuidade solidaria aprobada polo PP, ademáis de non supor nengunha gratuidade dos libros é unha medida antisocial. Antisocial porque está feita de costas as necesidades das familias, de costas polo simple feito de que non ten en conta as cargas familiares, só ten en conta os ingresos da familia. Supon eso que para o PP ¿non teñen necesidades os avós? Supon eso que para o PP dende un punto de vista social é xusto que reciba a mesma axuda unha familia con dous fillos que ten os mesmos ingresos que unha familia con dous fillos e un avó.

E todo esto sen entrar a valora-los baremos das axudas. As familias de ata 5.400 euros anuais brutos por persona recibirán 180 euros por rapaz –no caso de familias monoparentais o límite ampliase a 6.000 euros- as familias con entre 5.400 e 9.000 euros anuais por persoa se lles subvencionará a metade do custo dos libros, mentres que os alumnos de Educación Especial recibirán 250 euros. O resto de familias teran que paga-los libros íntegramente. O resultado é que o 75% das familias non teran libros gratuitos paras os seus fillos.

Un se queda perplexo cando escoita ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que o novo modelo introduce por primeira vez en Galicia a gratuidade real e efectiva nos libros de texto, garantida para as rendas baixas. Porque con estas medidas o único que vai estar garantido é que a educación sexa un ben de luxo.

A estos gran defensores da Constitución Española, aos cales se lles enche a boca cando falan dela, haberá que recordarlles o artigo 27.4 cando di “LA ENSEÑANZA BÁSICA ES PÚBLICA Y OBLIGATORIA”


POR UN ENSINO POPULAR E DE CALIDADE!!

No hay comentarios: