viernes, 18 de septiembre de 2009

CINCO FIRMAS PAGAN O LEITE POR DEBAIXO DO PREZO DE REFERENCIA



Case dous meses despois do acordo asinado en Madrid entre a interprofesional láctea, o Goberno e a distribución para por fin a crise dos prezos, a realidade é que en Galicia só firmáronse o 10% dos contratos homologados e cinco empresas pagan o leite entre 0,22 e 0,24 euros, cando o prezo establecido como referencia foi de 0,28 euros máis unha prima de transporte. Esas firmas son Río, Celta, Reny Picot, Clesa e Lactalis.
Mentres o sector recolle apoios entre o sector, a sociedade debemos mostrarlles o noso apoio boicoteando tanto as marcas blancas como os productos Río, Celta, Reny Picot, Clesa y Lactalis.
Veñen tempos duros, veñen tempos en que só loitando hai futuro. Por eso é necesario aperturar un período de reflexión ante os ataques que están sufrindo os nosos sectores productivos básicos, sectores que sustentan a nosa economía. No caso do sector agrario esos ataques son de especial importancia polo que ese sector representa non só na nosa economía, que podría supor a desaparición non só de explotacións agrarias senon que de núcleos poboacionais, senon que representa unha forma de vida baseada no sacrificio e pervivencia das nosas tradicións.

¿VAS DEIXAR QUE DESTRÚAN NOSAS TERRAS?

¡¡NA DEFENSA DOS NOSOS SECTORES PRODUCTIVOS!!

¡¡BOICOTEA OS PRODUCTOS DE RIO, CELTA, RENY PICOT, CLESA, LACTALIS!!

No hay comentarios: