viernes, 4 de septiembre de 2009

EN GALICIA DESTRUIRONSE 1.874 POSTOS DE TRABALLO NO MES DE AGOSTO





As oficinas de emprego galegas cerraron o mes de agosto con 195.241 persoas inscritas, 2.382 máis que no mes de xullo, o que supón un crecemento do 1,22% Excluíndo os 508 desempregados que non tiñeron un primer traballo e os 63 novos postos no sector agrícola, obtemos a destrucción de 1.874 postos de traballo na nosa nun só mes.

Dos 2.382 novos desempregado cos que conta Galicia o 64% -1.526- corresponden ao sector servicios. E as prediccións non son nada boas: se á finalización de centos de contratos de traballo na hostelería, engadimos que os efectos sobre o desemprego do Fondo de Inversión Local están desaparecendo, obtemo un agravamento do deterioro do mercado de traballo.

Se é certo que o mes de agosto é un mes malo para as cifras do desemprego e que no mes de agosto do ano 2008 o número de desempregados superou as 3.000 persoas. É innegable que nos atopamos no peor mes de agosto dende o ano 2001, se exceptuamos o do ano pasado, o que ven ser reflexo da grave situación pola que atravesamos, como o reflexa o feito de que o desemprego en doce meses suba en 42.804 persoas.

No hay comentarios: